Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Cada tema indicado nos contidos será explicado polo profesor nas clases. Esta explicación irá acompañada de diversos recursos para reforzar os principais contidos teóricos e prácticos.
Traballos tutelados Traballo en grupo orientado á aprendizaxe práctica do deseño e implantación de técnicas de observación de inspiración etnográfica, entrevistas e técnicas e instrumentos de análise cualitativa. Contémplanse as seguintes entregas:
-TG1: Anteproxecto (obxecto, obxectivos e deseño)
-TG2: Informe de análise e conclusións da observación extensiva e intensiva
-TG3: Informe de análise da entrevista
-Exposición dos resultados nas xornadas prácticas
-TG4 Informe final
Discusión dirixida Nas clases en pequeno grupo (interactivas) trataranse os textos obrigatorios de cada tema. As preguntas que orienten o debate serán avanzadas polo profesor para o seu estudo individual ou en grupo.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva sobre os temas incluídos nos contidos e explicados nas clases maxistrais.