Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A14 A15 A16 A26 B3 B27 C1 Proba obxectiva dos principais contidos presentados na clase 60
Traballos tutelados A35 A34 B3 B4 B6 B12 B13 B18 B21 B23 C1 A avaliación do traballo en grupo elaborarase segundo os estándares explicados polo profesor na clase. 30
Discusión dirixida A7 A14 A15 A16 A26 A34 A35 B3 B6 B18 C1 Valorarase a participación activa en grupos reducidos en función da asistencia e realización de breves exercicios prácticos de seguimento. 10
 
Observacións avaliación

A materia contempla dúas modalidades de avaliación: 

1) Avaliación continua:

Para superar a materia é imprescindible obter unha puntuación mínima de 5 en cada unha das partes (proba obxectiva, traballo tutelado e debates guiados).  As tres partes apróbanse cun 5. A nota final será a suma ponderada delas. No caso de suspender a primeira convocatoria de xuño, o alumno terá que realizar un exame de recuperación de todo o curso no mes de xullo.

2) Avaliación final non continua:

Aqueles alumnos que non poidan asistir regularmente ás clases, e concretamente ás prácticas, deberán optar á avaliación final consistente nunha proba obxectiva que terá un peso do 100% da nota final. Este exame incluirá preguntas sobre lecturas obrigatorias. 

Todos os aspectos relacionados coa “dispensa académica”, a “dedicación ao estudo, a “permanencia” e a “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.