Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A5 A7 A8 A9 A13 A14 A15 A16 A17 A20 A19 A21 A24 A27 A34 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B12 B13 B17 B18 B21 B23 B26 B27 C1 C3 C4 C6 C8 O proxecto de investigación realizarase en grupo. Valorarase a participación activa e presencial na aula para a realización do proxecto


Fixarase unha data límite para a entrega do proxecto de investigación. Non se admitirá o proxecto de investigación para avaliación fóra de prazo.


O proxecto de investigación solicitaráse en formato dixital.
30
Prácticas de laboratorio A5 A7 A8 A9 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A21 A24 A27 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B10 B12 B13 B18 B21 B23 B25 C1 C3 C4 C6 Valorarase a asistencia ás prácticas de laboratorio e a participación presencial e activa do estudantado nas actividades que se propoñan na aula

Fixarase unha data límite para a entrega de cada unha das prácticas. Non se admitirán as prácticas para avaliación fóra de prazo.

As prácticas solicitaranse en formato dixital.
30
Proba obxectiva A5 A7 A14 B1 B3 B5 B6 B21 C1 Realizarase unha proba obxectiva co contido teórico da materia, nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
A porba constará de preguntas tipo test e preguntas de resposta curta.
40
 
Observacións avaliación
Todas as actividades, tarefas e
traballos a realizar ao longo do cuadrimestre contabilizan para a nota
final.  

As prácticas e o traballo de investigación  realizaranse ao longo do cuadrimestre e a
proba obxectiva (exame) na data oficial de primeira convocatoria.  

Tanto as prácticas como o
traballo de investigación tutelado serán entregados nas datas marcadas polas
profesoras, non se corrixirá ningunha práctica fóra de prazo.  As prácticas de investigación realizaranse na aula, polo que valorarase a asistencia dentro das calificacións. Do mesmo xeito, será necesario demostrar un seguimento presencial da materia na aula no proxecto de investigación.

Para aprobar a materia é
necesario aprobar tanto os traballos tutelados e prácticas (60%) como o exame
(40%).   A nota mínima para superar cada unha das partes é un 5 (aprobado) NON se gardará a nota da parte superada para a segunda oportunidade.  

Para superar tanto a parte teórica como a parte práctica na
segunda oportunidade deberá presentarse a proba obxectiva, nas datas oficiais. A proba obxectiva constará de exercicios prácticos e preguntas teóricas de desenvolvemento breve

Aqueles/as alumnos/as con
dispensa ou  recoñecemento de dedicación a tempo parcial deberán contactar
coa profesora responsable da materia ao comezo de curso.  A parte práctica será avaliada por medio dun
traballo de investigación individual (diferente ao do alumnado presencial), que
suporá o 60% da nota. As instrucións para a súa realización estarán a
disposición na Aula Virtual da Materia. A avaliación da parte teórica será nas
mesmas condicións que o alumnado presencial.   

As condicións de avaliación para o alumnado de  oportunidade adiantada, serán as establecidas
para o alumnado non presencial: A parte práctica será
avaliada por medio dun traballo de investigación individual (diferente ao do
alumnado presencial), que suporá o 60% da nota, e a avaliación da parte teórica coa realización da proba obxectiva. 

O sistema de avaliación para o alumnado dos programas de intercambio será o mesmo que para o resto dos e das estudantes.

Os materiais utilizados nas sesións: presentacións, audiovisuais, lecturas
e prácticas tamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a
través da plataforma Moodle. 

Os traballos e prácticas entregaranse en formato dixital a través da ferramenta
habilitada na Aula Virtual, sen necesidade de imprimilos.  

Tanto nos contidos como no sistema de avaliación atenderanse ás
recomendacións de axustes razoables propostas pola Unidade de Atención á
Diversidade (ADI) no caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE,
proporcionadas pola Coordinación do PAT do centro.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”