Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos teóricos da materia.
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A sesión se complementará co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Motivarase e valorarase a participación dos/as alumnos/as, mediante preguntas ou/e debates
Obradoiro Realización de actividades prácticas individuais nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, exposicións orais trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión da profesora da materia.
Trátase de promover a aprendizaxe autónoma e en escenarios variados (académicos e profesionais)