Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As clases maxistrais serán mínimas, para introducir os conceptos clave e os obxectivos e liñas que orientan o traballo tutelado. Durante as clases maxistrais trataranse e debatiranse temas de relevancia para a realización dunha práctica de carácter voluntario.
Traballos tutelados O alumno será avaliado a través dun traballo, que será elaborado e exposto de forma presencial con materiais asignados e previamente traballados de forma autónoma.
O traballo levarase a cabo na aula coa supervisión e apoio do profesor.
Presentación oral O alumando realizará unha presentación oral na aula de carácter voluntario. Esta presentación terá como obxecto unha das partes ou todo o traballo tutelado ou, se así se estima, a análise dalgún texto presentado en clase. O contido exacto da presentación será definido por parte do profesor durante o cuatrimestre.