Metodoloxías Descrición
Seminario Cada seminario versará sobre un tema teórico no que: a) a profesora realizará unha explicación do material xeral (lecturas, videos, documentais) ou b) haberá charlas de persoas expertas nalgún tema. Cada semana haberá a entrega individual dunha reflexión sobre cada seminario a través do Campus Virtual.
Presentación oral Preparación individual dun seminario sobre unha realidade social galega. O tema será de libre elección e o/a estudante terá que presentalo e explicalo ao resto da clase. Terase en conta a diversidade do material utilizado, a claridade da explicación, a profundidade e a orixinalidade.