Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A4 A8 A9 A14 A15 A17 A19 A34 A35 B27 B26 B21 B18 B17 B13 B6 B5 B3 B1 C1 C6 C7 Preparación individual dun seminario sobre unha realidade social galega. O tema será de libre elección e o/a estudante terá que presentalo e explicalo ao resto da clase. Terase en conta a diversidade do material utilizado, o apoio de datos, o emprego axeitado de materiais audivisuais, a calidade da exposión do fío argumental, a claridade da explicación, a profundidade e a orixinalidade. Estas presentación realizaránse nas últimas sesión do cuatrimestre. 20
Seminario A2 A1 A3 A6 A8 A17 A34 A35 B3 B5 B6 B7 B13 B18 C1 C4 C6 C7 A participación no seminario aportando ideas, suxerindo, plantexando, criticando ou debatindo e entrega das reflexións sobre cada seminario a través do Campus Virtual. 80
 
Observacións avaliación

Hai que superar todas as partes para superar a asignatura.

ACTIVIDADE VOLUNTARIA. Existe a posibilidade de participar no proxecto colaborativo de RRSS en X:
daráse ata 1 punto extra. Esta actividade será explicada con maior detalle na
aula. https://x.com/estruturalmente

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA. No
caso de NON supera a materia por
este sistema ou se ten recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia,
a avaliación será a seguinte:

NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

·      
Traballo de investigación: 50% da nota. Hai
que acordar polo menos unha titoría ao principio do 1º cuatrismestre
para a
explicación en detalle deste traballo e informar do tema escollido. Recoméndase
ter algunha titoría máis para o seguimento do traballo. As normas concretas
deste traballo estarán accesibles no Campus virtual dende inicios de curso.

·      
Reflexión do material xeral de cada seminario
accesible no Campus Virtual: 50% da nota. Será preciso entregar un comentario
do material obrigatorio de cada seminario. Este material aparece como XERAL no
documento de organización da asignatura que estará dispoñible no Campus Virtual
en cada seminario. As normas concretas deste traballo estarán accesibles no
Campus virtual dende inicios de curso.

·      
Hai que aprobar ambas partes. 

NA SEGUNDA OPORTUNIDADE os requisitos son os mesmos que na
primiera. 

Gardarase a nota das diferentes partes en cada oportunidade.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

A realización frauduleta das
probas ou actividades de avaliación implicará directamente a calificación de
suspenso “0” nas materia na avaliación correspondente, invalidando así calquera
calificación obtidas en todas as actividades de avaliación.