Metodoloxías Descrición
Seminario Exposición en clase de novos contidos e descrición dos materiais utilizados, por parte do profesor. Preguntas dos alumnos
Traballos tutelados Os alumnos reúnense e xestionan o desenvolvemento dun proxecto complexo, organízanse e distribúen as tarefas e recursos, realizan o calendario ou cronograma, levan un control do traballo realizado etc. Utilizan ferramentas dixitais para a xestión do proxecto.
Os alumnos realizan tarefas relacionadas co desenvolvemento do proxecto de maneira individual, que logo poñen en común cos seus compañeiros, profesores ou titores.
Os alumnos, de maneira autónoma, traballan os materiais proporcionados polo docente ou conseguidos por eles.
Prácticas de laboratorio Traballo individual ou en equipo, na sala de computadores, no que os alumnos inician ou continúan o desenvolvemento de exercicios, proxectos, investigan e/o aplican conceptos co apoio do profesor na aula.
Os alumnos, de maneira autónoma, fóra de horas de clase, individualmente ou en equipo, resolven problemas, desenvolven prácticas ou proxectos