Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Os alumnos reúnense e xestionan o desenvolvemento dun proxecto complexo, organízanse e distribúen as tarefas e recursos, realizan o calendario ou cronograma, levan un control do traballo realizado etc. Utilizan ferramentas dixitais para a xestión do proxecto.
Os alumnos realizan tarefas relacionadas co desenvolvemento do proxecto de maneira individual, que logo poñen en común cos seus compañeiros, profesores ou titores.
Os alumnos realizan traballos empregando cinco fases: 1) sprint 0; 2) fase de planificación; 3) fase de desenvolvemento; 4) fase de revisión; e 5) fase de análise.
Os alumnos, de maneira autónoma, traballan os materiais proporcionados polo docente ou conseguidos por eles.
Os alumnos, de maneira autónoma, fóra de horas de clase, individualmente ou en equipo, resolven problemas, desenvolven prácticas ou proxectos
Seminario Exposición en clase de novos contidos e descrición dos materiais utilizados, por parte do profesor. Preguntas dos alumnos