Temas Subtemas
Prácticas curriculares O alumno ha de pasar un período de dous meses realizando prácticas remuneradas nas que exercite os coñecementos adquiridos ao longo do período de formación previo.

Durante o desenvolvemento das prácticas, os alumnos terán un titor académico e outro titor profesional –responsables de áreas, seccións, ou departamentos en empresas informativas e produtores executivos ou directores de produción no caso das empresas audiovisuais–. As tarefas que realizarán os estudantes estarán relacionadas co seu nivel de estudos e de formación académica.
Unha vez finalizadas as prácticas, a Entidade expedirá un certificado acreditativo a súa realización, características, así como un informe de seguimento final no que consten os seguintes aspectos:

1. Capacidade técnica do ou da estudante.
2. Capacidade de aprendizaxe.
3. Administración e organización dos traballos.
4. Habilidades de comunicación oral e escrita.