A AVALIACIÓN personalizada do alumnado realizarase de acordo cos seguintes criterios:
1. A avaliación dos coñecementos teóricos adquiridos -sobre a base dos apuntamentos proporcionados polo profesor e os contidos expostos nos seminarios monográficos-, será obxecto de tres probas teóricas obxectivas (tipo test), unha por cada parte en que se estrutura o programa da materia, cuxas datas serán anunciadas na primeira semana de clase, sen prexuízo da súa modificación previo acordo co alumnado.
Para superar a materia será necesario aprobar (polo menos coa nota mínima) cada unha das tres probas teóricas obxectivas. Se algunha destas probas se suspendese, habería que presentarse para a parte ou partes non superadas á proba final -ordinaria- do cuatrimestre, que consistirá igualmente nunha proba tipo test sobre a materia suspensa.
Esta sección de coñecementos teóricos, que terá un valor do 60% da nota final, é necesario superala en todo caso para avaliar o resto de coñecementos recolleitos nos apartados 2 e 3 seguintes (coñecementos prácticos e traballos tutelados).
2. A avaliación dos coñecementos prácticos realizarase de acordo co desenvolvemento das clases prácticas relativas aos debates e casos de xurisprudencia, e de acordo coa cualificación obtida en cada caso práctico polo grupo ou subgrupo no seu conxunto. Esta sección de coñecementos prácticos terá un valor do 20% da nota final.
3. A avaliación dos traballos tutelados levarase a cabo nas sesións previstas para este fin e de acordo coa cualificación obtida na defensa pública e elaboración do traballo polo grupo ou subgrupo no seu conxunto. Este apartado terá un valor do 20% da nota final.
4.- Proba extraordinaria (xullo). O alumnado que non supere a proba final ordinaria do cuatrimestre de coñecementos teóricos deberá presentarse a proba extraordinaria, na que será obxecto de avaliación, como mesmo sistema tipo test, o conxunto ou totalidade do programa da materia.
5.- A non realización ou non superación das prácticas (debates, casos de xurisprudencia e traballos tutelados) impedirá o acceso a proba extraordinaria así como avaliación positiva da materia.