Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A5 A11 B9 C1 C2 C3 C4 Cuestionario sobre cada tema exposto 25
Traballos tutelados A4 A5 A11 B2 B3 B5 B6 C2 C3 Elaboración de traballos prácticos individuais e grupais sobre os contidos da materia 30
Proba de resposta breve A4 A5 B3 B6 Exame de reposta breve sobre as películas de visión obligatoria 25
Presentación oral B2 B3 C1 Exposición oral dos traballos grupais sobre os contidos da materia 20
 
Observacións avaliación
  • Para aprobar hai que ter aprobadas os bloques teórico e práctico.
  • En caso de suspender, na segunda oportunidade avaliarase o bloque ou bloques que estivese suspenso, e dentro de cada bloque a parte ou partes que non se aprobou.
  • A copia textual nos traballos grupais ou persoais, ou calquera outro tipo de acción fraudulenta suporá a cualificación de 0 no traballo ou proba correspondente.
  • Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Bloque de teoría:

  • O bloque de teoría está composto polos cuestionarios e os exames de películas de cine e animación e documentais.
  • O bloque ten un valor total de 5 sobre 10 na cualificación global.

Bloque de práctica:

  • O bloque de práctica está composto polos traballos individuais e grupais.
  • O bloque ten un valor de 5 sobre 10 na cualificación final.