Análise de fontes documentais |
Busca, selección e sistematización de fontes de información de referencia sobre os sectores estudados, e sobre os grupos de comunicación.
Interpretación da información obtida nas devanditas fontes: informes sectoriais, informes económico-financeiros, datos estatísticos.
É conveniente que o alumno dedique polo menos unha hora de traballo persoal por cada clase de análise de fontes, para reflexionar sobre o explicado e expoñer a tempo as súas dúbidas e comentarios. |
Sesión maxistral |
Sesións expositivas presenciais e participativas nas que se explicarán os aspectos principais dos bloques temáticos que comprende a materia. Un dos seus obxectivos é facilitar a aprendizaxe dos conceptos propios desta disciplina.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Para lograr a aprendizaxe do alumno sobre as características e situación actual dos distintos sectores que abrangue esta materia, realizarase un traballo en grupo.
Deste modo preténdese alcanzar unha aprendizaxe dinámica sobre uns contidos que son en si mesmos cambiantes, e polo tanto, o máis importante é que o alumnado saiba que é relevante actualizar, cales son as fontes de información significativas e como utilizalas. |