Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A3 B2 B4 B9 C2 C3 C4 Aprendizaxe práctica aplicada ao traballo individual ou en equipo para adquirir os coñecementos da materia á vez que se adquire un compromiso social que converta ao alumnado en cidadáns activos no logro dos ODS.
A participación nestes traballos é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
10
Aprendizaxe colaborativa A4 A6 A9 B2 B3 B4 B5 B9 C2 C3 C4 Traballo en grupo no que se valora tanto o resultado como o proceso.
A cualificación de cada alumno integrante do grupo podería ser diferente en función da súa achega e compromiso.
A asistencia ás clases relativas a esta actividade é obrigatoria, e terase en conta para a cualificación de cada alumno.
A participación neste traballo é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
20
Proba mixta B1 B2 B3 B4 C2 Exames.
É necesario obter un mínimo de dous puntos para que esta cualificación faga media coas outras probas e traballos previstos nesta avaliación.
Se non se alcanza este mínimo, a materia resulta automaticamente suspensa
40
Obradoiro A6 A9 B3 B9 C2 C3 C4 Aprendizaxe práctica aplicada ao traballo individual ou en equipo para a consecución de obxectivos.
A participación nestes traballos é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
30
 
Observacións avaliación

Ortografía: as posibles faltas de ortografía nos exames e traballos baixarán de modo significativo a cualificación dos mesmos.

Os alumnos deberán consultar diariamente o Moodle,
porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselles toda a
información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e
cualificacións.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as actividades de avaliación e a súa valoración serán iguais. O traballo
en grupo previsto poderá facelo individualmente, se é necesario. A
través das titorías, o docente adaptará ás circunstancias do alumno/a ás
datas para realizar as actividades e facilitaralle a orientación
necesaria para cursar a materia.

Incidencias por plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.