Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Empresa | Código | 616G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Explicación dos contidos do programa teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, a través de medios audiovisuais. |
Aprendizaxe servizo | Proponse unha metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun proxecto conxunto. O obxectivo é aplicar de maneira práctica os coñecementos teóricos da materia. Formaranse grupos de traballo cun mínimo de cinco e un máximo de sete integrantes. A actividade consistirá en desenvolver un Plan de Empresa de comunicación audiovisual que apoie a causa dunha entidade asociada acordada polos profesores/as. Desta maneira, os estudantes involucraranse en necesidades reais da súa contorna co propósito de melloralo. Os estudantes poderán elixir entre esta actividade de aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado. É importante destacar que estas dúas actividades son excluíntes, o que significa que os alumnos/as só participarán nunha delas. Os profesores/as brindarán apoio tanto nas titorías grupais presenciais na aula como na atención personalizada aos alumnos/as. |
Traballos tutelados | O alumnado poderá elixir entre aprendizaxe-servizo e traballo tutelado. O traballo tutelado consistirá en aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos. Para o seu desenvolvemento o alumnado creará grupos cuxos integrantes non serán en número inferior a cinco e superior a sete. O traballo realizado por cada grupo consistirá na creación dunha empresa audiovisual ou ben a análise da xestión dunha empresa audiovisual xa existente; neste sentido, cada grupo deberá efectuar aos profesores as correspondentes propostas e será necesario o visto e prace destes para o seu desenvolvemento e avaliación. O alumnado recibirá apoio por parte do/a docente tanto nas tutorias de grupo que se realizarán de forma presencial na aula, como na atención personalizada. |
Presentación oral | A actividade seleccionada (aprendizaxe e servizo- traballo tutelado) deberá expoñerse presencialmente ante o resto de alumnos/as e profesores/as. Os docentes farán as preguntas que consideren oportunas. Desta forma conséguese unha docencia interactiva, práctica e unha participación activa por parte do alumno/a ao longo do cuadrimestre. |
Proba de resposta múltiple | Test de resposta múltiple individual. Cada pregunta mal contestada penaliza a cualificación da proba (tres preguntas mal contestadas contrarrestan unha correcta). |