Proba obxectiva |
A1 A2 A7 A8 B1 |
Proba relacionada cos coñecementos teóricos da materia |
50 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A2 A7 A8 B6 B8 B9 |
Avaliarase a calidade das prácticas realizadas nos diferentes aspectos da materia |
20 |
Para aprobar a materia é imprescindible entregar todos os traballos
tutelados e acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10
puntos tanto nos traballos tutelados como nas prácticas de laboratorio e
na proba obxectiva. Os criterios de avaliación da segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. En relación ao
estudantado matriculado a tempo parcial, o réxime de asistencia a clase
non afectará negativamente ao proceso de avaliación, admitíndose nesta
materia a dispensa académica para a asistencia solicitada polas canles
institucionais habilitadas ao efecto. Porén, esta flexibilidade
asistencial non eximirá da entrega de traballos tutelados e prácticas
nos mesmos prazos fixados para o estudantado a tempo completo.
|