Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A7 A8 A12 B6 C3 Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. 50
Proba mixta A7 A12 B6 A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pódese construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. Pode ser escrita ou oral, presencial ou online. Parcialmente formará parte da avaliación continua.
50
 
Observacións avaliación

O estudante debe consultar periódicamente a plataforma do Campus Virtual onde se publicarán avisos, datas de entrega, exercicios e parte do material de estudo. Os exercicios entregaranse exclusivamente a través desta plataforma apoiando así a política Green Campus da UDC.

Seguirase un sistema de avaliación continua, para o que terán que facer:

1. Unha proba teórica no horario de clase que suporá o 25% da nota final e que, ainda que sexa obrigatoriamente presencial na aula, o profesor pode plantexala a través do campus virtual, o que require que o estudante leve un equipo axeitado. A non asistencia ese día á clase (data publicada o primeiro día de clase) e a conseguinte non realización da proba suporá para o estudante a perda da porcentaxe desa tarefa na nota global.

2. Realizar unha serie de actividades a través do Campus Virtual (con data límite de entrega) en tempo e forma. Esto suporá o 50% da avaliación final. Todo isto informarase no primeiro día de clase, publicarase no Campus Virtual e a execución seguirase a través da mesma plataforma do Campus Virtual. Se algún estudante non cumple a entrega en tempo e forma a través do Campus Virtual considerarase ese traballo non feito e a calificación que lle correspondería na avalización global a esa tarefa quedará deserta.

3. Realizar unha proba teórica na data oficial do exame que suporá o 25% da nota final.

Os guións dos estudantes poden ser expostos durante as clases e lidos e/ou analizados por compañeiros.

recuperación na segunda convocatoria pode ser completa ou parcial. No caso de que o estudante se acolla á recuperación parcial poderá repetir as probas teóricas ou prácticas que puntúan autonomamente, pero non o conxunto dos numerosos exercicios breves realizados presencialmente na aula ao longo do curso cuxa puntuación global é 1. Sempre prevalecerá a derradeira puntuación obtida. No caso da recuperación completa, o punto dos numerosos exercicios realizados presencialmente na aula ao longo do curso pasará a prorratearse na puntuación práctica.

Toda exposición oral ou escrita terá que respectar os usos e normas desta demarcación xeográfica da Real Academia Galega ou da Real Academia Española para que poida ser correctamente entendida e, por conseguinte, avaliada.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Os estudantes con matrícula parcial ou exención académica de asistencia deberán concretar coa profesora o sistema de traballo antes do inicio do curso ou coma moi tarde na primeria semana do mesmo.

O uso da Intelixencia Artificial, de ser o caso, debe ser indicado no traballo como unha referencia na que se especificará cal se empregou, en que versión, e a instrución (prompt) dada a IA para a obtención do resultado.