Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A5 A11 A12 C2 C3 C4 Proba que integra preguntas de ensaio e preguntas obxectivas. En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de
discriminación, de completar e/ou de asociación.
30
Análise de fontes documentais A1 A4 A5 A6 A11 A12 B9 C1 C2 C3 C4 Probas de análise de diferentes documentos audiovisuais segundo as indicacións do enunciado propuesto pola docente. Traballos individuais e traballos en grupo. 70
 
Observacións avaliación

Dado que é unha materia eminentemente práctica, o peso maioritario desta recae, sobre todo, nos traballos realizados polo alumnado. O 30% da avaliación total procede da proba obxectiva sobre a teoría impartida nas clases que pode incluir tamén aplicación práctica.  O 70% restante responde á avaliación das prácticas realizadas en clase (individuais/en grupo)

Para superar a materia é necesario aprobar os traballos prácticos plantexados na clase e aprobar a proba obxectiva.

Alumnado con dispensa académica, segunda oportunidade e convocatoria de decembro 

O alumnado con dispensa académica será evaluado en función dos mesmos criterios.

No caso de suspender, a evaluación na segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria será idéntica.

Plaxio

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os/as alumnos/as deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (Moodle), pois será o espazo a través do cal se lles comunicará toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e calificacións.