É necesario entregar as prácticas correctamente e en prazo así como
asistir ás presentacións e revisións que se soliciten. As datas de entrega e no
seu caso presentación dos traballos prácticos indicaranse previamente en clase
e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre. As competencias, as datas de
entrega e os criterios de avaliación que se desenvolverán en cada proba
notificaranse previamente en clase e publicaranse no Campus Virtual ao longo do
cuadrimestre.
O alumnado que se atope en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á
diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas nas
datas sinaladas. As sesións expositivas e as probas avaliables foron deseñadas
para abarcar o maior grao de inclusión posible. Se fose necesario e sempre
baixo petición previa do alumnado; realizaranse as adaptacións necesarias para
non prexudicar a cualificación do alumnado.
As sesións expositivas e as probas avaliables foron deseñadas para garantir
o aprendizaxe autonómo non presencial; por tanto o alumnado que se atope en
situación de dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as probas e
entregalas durante os períodos de tempo sinalados.
Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos.
Implicacións do plaxio:
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.