Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A8 C2 C4 Proba relacionada cos coñecementos adquiridos na materia. 40
Traballos tutelados A2 B8 C2 C3 C4 Traballos baseados nos coñecementos adquiridos na materia e realizados co seguimento do docente. 20
Presentación oral A2 B8 C2 C4 Proba obxectiva do traballo tutelado (incluindo entrega de Memoria final). 20
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C3 Exercicios realizados nas clases prácticas da asignatura. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible entregar todas as prácticas de laboratorio e o traballo tutelado, e acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 puntos tanto neles como na proba obxectiva. A presentación oral do traballo tutelado é obrigatoria.

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto
cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas
fora da organización habitual da materia.