Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible, a entrega
dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

- Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático.

- Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimirlos

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostebilidade nos comportamentos
persoais e profesionais.

Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia.

Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas, e influirase no entorno para modificalos e fomentar valores de
respeto e igualdade.

Deberanse detectar situaciones de discriminación e proporcionaranse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a
un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Recomendase ao alumnado, para un aproveitamento óptimo da materia, un
seguemento activo das clases así como participar nas distintas
actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das
dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.