Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ambientación sonora e musical | Código | 616G01028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A7 A12 B2 B4 B6 C2 | Presentacións orais dos proxectos sonoros (traballos tutelados) nas súas diferentes fases. Nestas presentacións cada grupo deberá explicar o seu proxecto (en función do momento en que se desenvolvan poderán presentar a idea, o desenvolvemento do produto, decisións narrativas e estéticas...) e responder as cuestións dos/as compañeiros/as. As presentacións tamén implican unha participación activa da aula, con suxestións, propostas ou valoracións que poidan mellorar o resultado final. Para a avaliación das presentacións orais débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar en cada presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar un formulario de valoración-propostas de mellora. |
10 |
Proba de resposta breve | A1 A2 A4 A7 A11 A12 B9 | Proba de resposta breve. Preguntas concretas, definicións, que amosen a adquisición dos contidos teóricos da materia. Só se computarán aquelas respostas completamente correctas. |
30 |
Sesión maxistral | A1 A2 A4 A7 A11 A12 B9 | No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades, test, exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientadas á consolidación dos contidos teóricos. Como parte destas sesións poderanse integrar conferencias de expertos/as na materia ou valorar a asistencia e participación en actividades deste tipo desenvolvidas no eido da Facultade-Universidade. Terase en conta a participación oral na aula dentro ou fóra dos debates dirixidos, as intervencións de valor na análise de fragmentos audiovisuais ou a introdución de novos exemplos. |
5 |
Estudo de casos | A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B6 B8 B9 C2 | Análise sobre un produto sonoro seleccionado pola profesora, será realizado de forma individual e presentado na aula de teoría. Na avaliación terase en conta tanto a calidade da análise e reflexión crítica como do son, sendo preciso obter un mínimo de 50% da nota para o seu cómputo. No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de cero puntos. Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de cero puntos. |
5 |
Obradoiro | A1 A2 A8 A10 A12 C2 | As prácticas de obradoiro contan cunha valoración máxima de 1 puntos na nota final. A súa avaliación vai depender do número de prácticas entregadas en tempo e forma, así como da calidade dos traballos e a reflexión crítica sobre os mesmos. Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter asistido, desenvolvido e entregado -a lo menos- o 80% das prácticas tipo obradoiro (prácticas de grupo mediano). Só se admitirán as prácticas/portafolios entregados en tempo e forma. Para ter en conta a entrega débese asistir a sesión correspondente. De non ser así a entrega pasaría a considerarse una práctica fraudulenta co consecuente suspenso da convocatoria. O incumprimento destes requerimentos implicará a anulación da entrega e, polo tanto, da súa valoración (cero puntos). |
10 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C1 C3 C4 | Ideación e planificación de dous proxecto sonoros de carácter seriado cuxa forma, estilo, linguaxe, temática e/ou enfoque resulten innovadores. Deseño e produción íntegra dun dos episodios-pezas da proposta planeada, a modo de piloto. Proxecto 1. De ideación grupal e execución individual. Conta cunha valoración máxima de 1,5 puntos. Proxecto 2. De ideación e execución grupal. Conta cunha valoración máxima de 2,5 puntos. Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as. Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de cero puntos. |
40 |
Observacións avaliación | |||
Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. Nesta explicación e, en xeral, na materia promoverase a reflexión crítica en torno aos condicionantes das desigualdades existentes nos ámbitos da produción, recepción e contidos sonoros-audiovisuais, con especial énfase no que respecta as crenzas, estereotipos e roles de xénero (na liña do ODS5). Con este cometido valorarase positivamente a inclusión da perspectiva de xénero nos exercicios, prácticas e proxectos así como o emprego dunha linguaxe inclusiva no seu desenvolvemento. Máis aló do xénero nas actividades promoverase o desenvolvemento de actividades e enfoques na liña dos ODS buscando alianzas para acadar os obxectivos (ODS17), con outras entidades (dentro e fóra da universidade). Dada a importancia do traballo en grupo dentro da materia, estableceranse sistemas de seguemento-avaliación para valorar o grado de cohesión e participación das persoas integrantes, así como para ponderar a nota tendo en conta a súa implicación-participación no proxecto. Para superar a materia na PRIMEIRA CONVOCATORIA (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións das prácticas da materia e do exame. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado. Para superar a materia na SEGUNDA CONVOCATORIA o/a estudante deberá:
En calquera caso, para superar a materia débese aprobar o exame (5 puntos ou 1,5 ponderado) e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. O alumnado que conte matrícula reducida por dispensa académica e dedicación ao estudo, así como todos os aspectos vencellados a permanencia ou fraude académico rexeranse de acordo coa normativa vixente da UDC. |