Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral C2 C3 Presentacións orais dos traballos e prácticas realizadas durante o curso. 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A12 C1 C4 Realización do traballo tutelado completo e entrega das tarefas correspondentes ao longo do curso.

Avaliación continua do proxecto e presencialidade para a correcta realización.
70
Prácticas a través de TIC B9 C4 Guión interactivo e testeo do produto final. 20
 
Observacións avaliación

A materia está formulada como un obradoiro esencialmente práctico que implica a asistencia obrigatoria a clase, a participación e a realización e presentación de prácticas e tarefas dun proxecto grupal.

Realizarase unha avaliación continua do alumnado.

-Mención Comunicación Audiovisual Multiplataforma: Nesta materia, poderán realizarse actividades ou traballos en coordinación con outras materias optativas da mención Comunicación Audiovisual Multiplataforma. 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.