Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Animación 2D | Código | 616G02029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A38 B1 B2 B5 B6 B7 B8 B12 B13 C1 C3 C7 C8 C9 | Recopilación dos exercicios realizados durante o curso nun portfolio (grupal) e unha demoreel individual (corrixindo os erros identificados nas avaliacións previas e seguindo as recomendacións da teoría da materia). Inclúe entrega de memoria. | 30 |
Presentación oral | B4 B10 B11 C1 C4 C6 | Defensa dos traballos tutelados. | 40 |
Prácticas a través de TIC | A8 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B13 C1 C3 C9 | Avaliación continua dos pequenos exercicios de animación 2D realizados durante as clases. | 10 |
Proba obxectiva | B11 C8 | Probas curtas voluntarias ao final de cada tema teórico. | 20 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a materia é imprescindible a entrega de todas as prácticas de laboratorio e a presentación oral final. Ademáis, débese obter unha nota mínima de 4 tanto na media de todas as prácticas como na nota do traballo tutelado para facer media. De non chegar ao 4, a nota obtida automáticamente será a da nota inferior a 4 ou Non Presentado (no caso de non entregar todas as prácticas ou non levar a cabo a presentación oral). As avaliacións dos temas teóricos (levados a cabo durante as clases maxistrais tras o peche de cada tema) son voluntarios, pero avaliables; isto é, non será obrigatoria a súa realización, pero terán un valor do 20% na nota final, polo que a falta de realización penalizarase en 2 puntos na nota final. As prácticas deben entregarse en tempo e forma a través do Campus Virtual. As prácticas entregadas fora de prazo serán penalizadas sobre o 50% da nota total, poidendo obter un máximo de 5 puntos sobre 10. O traballo tutelado non será avaliado se non se entrega en tempo e forma a través do Campus Virtual. A presentación oral do traballo tutelado (e a súa memoria) considerarase como exame final da materia e se cualificará cun 40% tendo en conta creatividade, maquetación, fluidez de palabra, corrección de erros en relación ás prácticas, resultado e correcta aplicación da teoría da materia, resolución de problemas, referencias e valoración da aprendizaxe. A nota desta presentación será individual para cada un dos integrantes do grupo. Serán motivos de penalización e/ou suspenso nas notas das prácticas e traballos tutelados: entrega sen formato correcto, nomenclatura con espazos ou caracteres especiais, erros ortográficos e/ou gramaticais, maquetación do contido e falta de referencias, ademáis da correcta realización do solicitado para cada unha das tarefas. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |