Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxecto de Videoxogo/616G02042
Proxecto de Animación/616G02021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contornainmediata sostida:

1. A entrega dos traballosdocumentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ousoporte informático.

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

Non se empregaránplásticos.

Realizaranse impresións a dobrecara.

Empregarase papelreciclado.

Evitarase a impresión deborradores.

2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medionatural.

3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionadoscos valores da sostenibilidade noscomportamentos persoais e profesionais.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista,utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos ealumnas…).

Traballarase para identificar emodificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valoresde respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións dediscriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un accesoaxeitado, igualitario e proveitoso ávida universitaria.

A extensión das memorias dos TFG individuais debe situarse entre as 7.000-12.000palabras, sen contar as referencias bibliográficas que irán ao final do documento.

As memorias dos TFG realizados en grupo conterán unha parte común cunha extensión de entre 4.000-7.000 palabras. En canto ás partes individuais, cada estudante describirá o seu traballo individual cunha extensión de entre 3.000-5.000 palabras. En ambas as pinzas de extensión, exclúense as referencias bibliográficas.

Recoméndase seguir a siguinteestrutura para a elaboración da memoria do TFG:

1. Portada

2. Información

3. Agradecementos

4. Índice

5. Introducción e descripción

6. Estudio previo e documentación

7. Elaboración do produto

8. Conclusións

9. Listado de anexos e apéndices

10. Bibliografía