Sesión maxistral |
A7 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C2 C3 C4 |
Asistencia e participación na discusión sobre a solución das actividades propostas |
10 |
O apartado de Solución de problemas consiste nas seguintes actividades asociadas a cada un dos temas da materia: - REVISIÓN SISTEMÁTICA (40% da nota final)
Desde o comezo do curso, cada alumno ou alumna terá dispoñible na aula virtual a información e temporalización sobre as tarefas que deberá desenvolver ao longo das sesións e que obrigatoriamente entregará para a súa avaliación: - CONTRIBUÍR Á ELABORACIÓN DOS APUNTES COLABORATIVOS.
- BUSCAR, AVALIAR E PRESENTAR NA AULA A INFORMACIÓN DUN ARTIGO RCT SOBRE UN TEMA SELECCIONADO.
- BUSCAR E AVALIAR UNHA REVISIÓN SISTEMÁTICA CO PROTOCOLO PRISMA. Entregarase un planilla con todos os items dos que consta a avaliación. Redactarase unha pequena reflexión crítica sobre a revisión e os seus resultados.
- PRESENTAR Os RESULTADOS DA AVALIACIÓN ANTERIOR NA AULA.
- ELABORAR A PRIMEIRA PARTE DUNHA METAANÁLISE. Definir un obxectivo de estudo moi concreto e ben fundamentado. Deseñar unha estratexia de procura adecuada. Definir os criterios de selección dos artigos. Facer unha valoración da calidade e do risco de sesgo dos artigos seleccionados.
- PRESENTAR OS RESULTADOS DA PRIMEIRA PARTE DA METAANÁLISE NA AULA.
- METAANÁLISE (40% da nota final)
Cos artigos localizados na parte do curso dedicada á revisión sitemática, deberase realizar un metaanálisis, elaborando un informe que conterá as seguintes partes: - IDENTIFICACIÓN DOS TRABALLOS EMPREGADOS: Listaxe de artigos e identificación do/os parámetros dos mesmos a empregar no metaanálise
- SELECCIÓN XUSTIFICADA DO TAMAÑO DO EFECTO A ANALIZAR
- META-ANÁLISE. Deberá incluírse, tanto para o modelos de efectos fixos como aleatorios, Forest plot; p-valores de traballos individuais e do efecto resumen; límites inferiores e superiores dos intervalos de confianza de efectos individuais; peso de cada traballo; estatísticos de homogeneodad (Q, I e T^2)
- INTERPRETACIÓN DA METANÁLISE. Conclusións respecto a análise realizada tanto no referido ao resultado final como no concernente á homoxeneidade dos efectos. Así mesmo incluirase algunha reflexión respecto ao contraste entre o resultado obtido baixo o modelo de eefctos fixos e o modelo de efectos aleatorios.
En canto ao apartado de Sesión maxistral (asistencia), ponderarase en función da porcentaxe de asistencia e participación activa.
A materia considérase superada cando a nota final (media ponderada dos diferentes apartados) sexa maior ou igual ao 50% da máxima nota posible (5 sobre 10).
Os diferentes apartados superados serán conservados en oportunidades sucesivas. Na segunda oportunidade de cada convocatoria, o alumnado só poderá optar á avaliación de calquera dos apartados da metodoloxía "Solución de problemas" e da "Proba Obxectiva".
Todo o exposto con anterioridade será de aplicación tanto para o alumnado con dedicación a tempo completo como para aquel con dedicación a tempo parcial. No caso da sesión maxistral, o alumno/a con matrícula a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia traspasarase este 10% da avaliación á proba obxectiva, que pasará a ponderar un 20% nestes casos.
A
realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará
a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e
respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
(Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b).
Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado
tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo,
realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o
rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia
universitaria; art. 11, apdo g)
|