Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B18 B17 B15 B14 B11 B7 B4 B3 C1 C3 C4 C7
Realizarase unha proba final atendendo ao realizado polo alumnado no curso 23-24:
- As/os que teñen pendentes do anterior curso 1 ou 2 temas, examinaránse so de eles, gardandase as calificacións obtidas nos restantes apartados dá avaliación do curso 23-24
- O resto deberán examinarse de toda a materia
O aprobado obterase cunha nota de 5.
100
 
Observacións avaliación

A realización fraudulenta de tarefas de avaliación, implicará
directamente a calificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia enque se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (notanumérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidadecomo na segunda. Para isto, procederase a modificar a súacualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

O alumnado que curse a materia en cursos anteriores, deberá dirixirse ao profesorado durante os primeiros 15 días do curso para valorar, en cada caso, o recoñecemento ou non da avaliación continua e por tanto a exención de asistencia e de realización das actividades contempladas neste programa.

O alumnado con matrícula a tempo parcial ou con situacións particulares por temas deportivos ou laborais, deberán falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación e asistencia para cada unha das oportunidades (si no mes de setembro non se comunica, esa posibilidade non se ofrecerá).

Os que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación formativa continua (auto, co e heteroevaluación) ou de avaliación final (heteroevaluación).

1. AVALIACIÓN FORMATIVA (CONTINUA)

Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais, a elaboración e presentación do portafolio, a superación das probas de ensaio e a elaboración do traballo por proxecto.

Consideracións de face ao mantemento de cualificacións e/ou partes da materia no caso de cumprir todos os criterios da avaliación formativa (continua):

O alumnado que non supere todas e cada unha destas probas, deberá presentarse (ás que non superen) na data do exame final (convocatoria oficial de exames). Manterase este criterio para as oportunidades de xaneiro/xuño-xullo. En futuras convocatorias, non se manterán as cualificacións.

Os que non alcance a metade da puntuación no apartado b, deberán reelaborarlo e presentalo na segunda oportunidade (xuño-xullo).

 Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores.

2. AVALIACIÓN FINAL

Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non entregarán o portafolio, nin se presentarán ás probas de ensaio, pero están obrigados a asistir, polo menos, ao 50% das sesións.

Os que opten pola avaliación final, deben realizar a proba na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberá obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos).