Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta C1 C6 ¡IMPORTANTE ! Vexa as observacións de avaliación máis abaixo.

- As probas mixtas finais incluirán tódolos contidos incluidos na guía docente.

As preguntas poden ser de diferentes tipos: preguntas curtas ou longas; de verdadeiro/falso; de tipo test con varias opcións de resposta (das que somentes unha será correcta ou ben de resposta múltiple); identificación de estructuras anatómicas en láminas.
100
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN

Coa implantación dun novo plan de estudos, a docencia desta asignatura non está contemplada. Somentes haberá unha modalidade de avaliación: avaliación única final.

Consistirá nunha proba mixta final (proba única que se valora ata un 100% da puntuación final). Terá lugar nas datas oficiais das probas de primeira e segunda oportunidade. Para superar a asignatura mediante este tipo de avaliación será preciso obter un 50% da puntuación total da proba.

Idioma das probas escritas de avaliación.-

- As probas serán redactadas en castelán. Se alguén desexase facer a/as probas en galego, deberá solicitalo cunha semana de antelación.

Outras consideracións.-

- O alumnado con diversidade funcional que se poida ver afectado polo tipo de avaliación deberá comunicalo ao profesor, con dúas semanas de antelación ás probas, para adaptar as mesmas tanto en duración como realizando outro tipo de proba. 

- Cada proba final poderá constar de preguntas de diferentes tipos: pregunas curtas ou longas; de verdadeiro/falso; de tipo test con varias opcións de resposta (das que somentes unha será correcta ou ben de resposta múltiple); de identificación de estructuras anatómicas en láminas.

- O alumnado con matrícula parcial terá os mesmos criterios de avaliación e a mesma atención personalizada que o resto de alumnado con matrícula completa.

- A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).

Asemade, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, de 25 de febreiro de 2022), o fraude académico, considerase falta moi grave, pudendo implicar a expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumplimento; así como a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académico calquer comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun examen ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha asignatura ou acreditar o rendemento académico (art. 11)

- As cualificacións finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán: 0-4.9=Suspenso; 5-6.9=Aprobado; 7-8.9=Notable; 9-10=Sobresaliente; Matrícula de Honra (graciable a partir de 9).

O alumnado cunha cualificación final global superior a 9,0 puntos (sobre 10) que queira optar á cualificación de “Matrícula de Honra” deberá asistir, unha vez finalizadas tódalas probas, a unha reunión co profesor, onde deberá responder de xeito oral a preguntas dos contidos da asignatura.