Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 A1 A3 B12 C1 Exame da materia 100
 
Observacións avaliación

- Avaliación alumnado tempo parcial: a avaliación será a mesma que para os de tempo completo. Para calqueira circunstancia especial de tipo persoal, o alumnado deberá falar coa profesora dentro das tres primeiras semanas do curso.

- Recoméndase ao alumnado coa materia pendente doutros anos que acuda a unha titoría.

- Non se permitirá a asistencia aos exames con dispositivos móbiles ou calqueira outra ferramenta que non sexa un bolígrafo para redactar o exame. Recoméndase asistir ao exame con reloxo.
- Cando o alumnado se presente á primeira oportunidade e non se presente á segunda dunha convocatoria, a nota final que figurará na acta será a que obtivo na oportunidade na que sí se presentou.

- A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).

- O exame estará no idioma de impartición da materia, se se desexa nooutro idioma oficial da UDC, solicitarase unha semana antes da data derealización