Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A25 A26 O/a estudante poderá realizar unha recensión bibliográfica dos libros, revistas técnicas e artigos que teñan relación cos temas traballados en clase 5
Proba mixta A25 A26 -Preguntas de resposta breve, longa ou test
- Deseño de sesión práctica
- Proba de dominio técnico-táctico básico (apto/non apto). O estudante terá que acadar o apto na proba de dominio técnico-táctico para superar a materia.
80
Traballos tutelados A5 A25 A26 B4 Os estudantes elaborarán unha sesión técnica orientada a estudantes de secundaria 15
 
Observacións avaliación

- Para aprobar a materia será necesario obter o aprobado na proba mixta, tanto no exame teórico como na proba de dominio técnico/táctico.

 - Na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira e gardaranse os aprobados da primeira oportunidade nas diferentes metodoloxías. 

 - Gardaranse as partes aprobadas para a segunda oportunidade.
 - Non están contempladas outras alternativas de avaliación para a segunda oportunidade. 
 - Nas metodoloxías avaliadas como Apto/NonApto, poderáselle outorgar ao estudantado a cualificación Apto+, que será produto dun desempeño de alta ou excepcional calidade en dita metodoloxía. A cualificación Apto+ suporá ata 1 punto; a sumar na nota final da materia.

 - O exame teórico será realizado en castelán, no caso de que algún alumno desexe o enunciado en galego deberá solicitalo ao profesor cun mes de antelación á data do exame. 
 -A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).