Metodoloxías Descrición
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude, valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Recensión bilbiográfica O alumno/a terá que elaborar un traballo individual que consistirá na revisión das principais fontes bibliográficas existentes sobre o contido específico que lle corresponda desenvolver, a extracción, a modo de resumen, dos contidos considerados fundamentais e unha aportación propia, valorando a documentación analizada e o estado actual do tema.
Análise de fontes documentais Revisión de documentos bibliográficos (artigos, textos, libros, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos, co obxectivo de ampliar os contidos teóricos impartidos polo profesor nas sesións maxistrais.