Metodoloxías Descrición
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita, onde se poderán incluir preguntas de diverso tipo (test, ensaio, etc.)
Práctica de actividade física Execución das habilidades específicas do baloncesto.
O exame práctico consistirá en diversas probas:
1. Tiro libre.
2. Partindo da linha de fondo, autopase e recepción executando o paso 0, avance botando o balón e control do balón (novamente executando o paso 0) e lanzamento coa man do lado correspondente.
3. Execución de 3x0 en medio campo das accións de pasar e cortar. Posteriormente, terán que desenvolver unha situación de "xogo libre" nunha situación de 3x3 en medio campo.
En caso de ser necesaria a adaptación da proba por non acadar o número necesario para a súa realización, o profesor propondrá as seguintes alternativas: Dribling e cambios de dirección con balón; Movementos de desmarque e lanzamento; xogo 1x1, e xogo 2x2.