Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O alumno-a estará provisto de proteccións de xeonllos, cóbados e bonecas. Serán de uso obrigado nas sesións prácticas. O casco é opcional, aínda que recomendable.

A principio de curso, na medida do posible e con certa flexibilidade, dadas as circunstancias excepcionais; publicarase vía Moodle o calendario docente da materia, especificando o tipo de docencia (T/P) e temática a tratar en cada unha das sesións; así como as datas das probas obxectivas parciais a levar a cabo no cuadrimestre.

Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.