| Proba mixta | Exame teórico dos contidos teóricos e prácticos presentados e desenvolvidos nas diferentes metodoloxías empregadas. As Prácticas de Valoración Motriz (PVM), que avalían os contidos presentados, e as competencias adquiridas, nas Prácticas de actividade física, tamén se inclúen dentro deste apartado. | 
                      
		 
              | Simulación | Os e as estudantes deberán preparar e expoñer contidos teórico-prácticos da materia, que serán presentados en sesión presencial diante do resto do grupo. | 
                      
		 
              | Práctica de actividade física | Desenvolvemento dos contidos teórico-prácticos que incluirán os aspectos relativos aos criterios motrices de execución, á didáctica específica, á adquisición de competencia motriz nas habilidades, e á realización de tarefas para a adquisición das competencias requeridas da materia. | 
                      
		 
              | Prácticas clínicas | O/a estudante asistirá a sesións de ensino/aprendizaxe/adestramento nas que, mediante  planillas de observación deseñadas polo PDI para tal efecto, recollerá información pertinente relativa ao desenvolvemento didáctico e metodolóxico da sesión. 
 A sesión desenvolverase en clubs e/ou escolas onde teña lugar un proceso da natureza  anteriormente descrita. O responsable da actividade asinará a  Planilla de Observación dando  fé da tarefa realizada.
 
 Estas prácticas tamén poderán realizarse mediante observación on-line de sesións, con outra estrutura (planilla) deseñada polo PDI a tal efecto.
 |