Metodoloxías
Proba práctica
Descrición
A atención personalizada (AP) adquire relevancia especial nunha materia metodolóxica como esta. A (AP) está concibida para o encontro directo entre estudante e profesor. A AP desenvolverase ao longo da impartición da materia, indicándose axeitadamente a relación con cada metodoloxía.
Nas actividades iniciais establecerase a primeira quenda e calendario de (AP), posteriormente establecerase para os traballos tutelados, e os mapas conceptuais.

Recoméndase aos estudantes de matrícula parcial que soliciten unha titoría persoal na primeira semana de impartición da materia e, deste xeito, determinen algunhas orientacións personalizadas específicas.

En canto ás seguintes cuestións: “dispensa académica”, “dedicación ao estudo” e “permanencia” rexeranse polo Regulamento Académico vixente da UDC: https://www.udc.es/es/normativa/academica/