Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante este tipo de sesións farase unha exposición oral dos contidos con axuda de medios audiovisuais. O alumnado poderá intervir en calquera momento para resolver dúbidas acerca dalgún concepto ou facer unha achega persoal significativa ao fío do tema que se estea tratando.
Mapa conceptual É unha técnica de traballo individual na que o alumnado terá que establecer relacións entre os conceptos crave de cada un dos temas que se impartan. Por tanto, realizaranse ao finalizar cada tema e farase unha posta en común unha vez que se completou en clase.
Presentación oral É unha metodoloxía propia dos procesos de ensino/aprendizaxe nos que maior interactuación existe entre o alumnado e o profesorado. Terán a oportunidade de expor o traballo tutelado que realicen.
Proba de discriminación Proba obxectiva que consiste en optar por unha das dúas/tres opcións de resposta que se presentan a unha cuestión determinada, vinculada aos contidos teóricos e ás sesións prácticas que se impartiron. O idioma de redacción será o castelán. Se alguén desexa facelo en inglés ou galego, terá que avisar con 30 días de antelación.
Traballos tutelados Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Fundaméntase en dous elementos básicos: a aprendizaxe autónoma do alumno/a e o seguimento continuado da profesora.
Práctica de actividade física É unha técnica que se aplica con grupos reducidos. Ten por finalidade que os alumnos/as desenvolvan empatía social e sexan capaces de experimentar, mediante simulación, os problemas e dificultades que teñen as persoas con necesidades especiais á hora de realizar actividade física e deporte.