Descrición xeral |
Realización dun traballo orientado á avaliación das competencias adquiridas no Grao.
O programa desenvolvido da materia atópase na plataforma Moodle e na web da Facultade
As seguintes directrices son de aplicación aos Traballos de Fin de Grao (en adiante, TFG) correspondentes ao Título de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (UDC).
O TFG é unha materia de 6 créditos ECTS, de carácter obrigatorio, do segundo cuadrimestre de cuarto curso do vixente plano de estudos.
O TFG consistirá na elaboración dunha planificación/programación/proxecto de intervención, o mais real posible, e preferentemente vinculado coas prácticas externas do alumnado (Prácticum).
O TFG non é un traballo de investigación, salvo que o profesorado e o alumnado implicado desexen dar continuidade ao deseño de investigación presentado no proxecto de investigación do Prácticum, e que se corresponda con algunha temática presente nas Unidades de Competencia ofertadas. Consecuentemente, no suposto dunha investigación aplicada, poderá autorizarse pola Comisión do TFG (comisión constituida na Xunta de Facultade) a elaboración do TFG baixo este formato.
O TFG terá en conta os aspectos éticos e os dereitos fundamentais, de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e os principios de igualdade de oportunidades e accesibilidade universal das persoas con discapacidade e os valores propios dunha cultura da paz e de valores democráticos |