Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Identificar, comunicar e aplicar criterios científicos anatómico-fisiolóxicos e biomecánicos a un nivel avanzado de destrezas no deseño, desenvolvemento e avaliación técnico-científica de procedementos, estratexias, accións, actividades e orientacións adecuadas; para previr, minimizar e/o evitar un risco para a saúde na práctica de actividade física e deporte en todo tipo de poboación. TIPO: Coñecementos ou contidos A46
Deseñar e aplicar con fluidez, naturalidade, de forma consciente e continuada exercicio físico e condición física adecuada, eficiente, sistemática, variada, baseada en evidencias científicas, para o desenvolvemento dos procesos de adaptación e mellora ou readaptación de determinadas capacidades de cada persoa en relación co movemento humano e a súa optimización; co fin de poder resolver problemas pouco estruturados, de crecente complexidade e imprevisibles e con énfases nas poboacións de carácter especial. TIPO: Habilidades ou destrezas A47
Articular e despregar un nivel avanzado de destreza na análise, deseño e avaliación das probas de valoración e control da condición física e do rendemento físico-deportivo. TIPO: Habilidades ou destrezas A49
Saber readaptar, reentrenar e/o reeducar a persoas, grupos ou equipos con lesións e patoloxías (diagnosticadas e/o prescritas por un médico), compitan ou non, mediante actividades físico-deportivas e exercicios físicos adecuados ás súas características e necesidades. TIPO: Competencias A50
Coñecer e comprender as bases da metodoloxía do traballo científico. TIPO: Coñecementos ou contidos A65
Analizar, revisar e seleccionar o efecto e a eficacia da práctica de métodos, técnicas e recursos de investigación e metodoloxía de traballo científica, na resolución de problemas que requiren o uso de ideas creativas e innovadoras. TIPO: Coñecementos ou contidos A66
Articular e despregar con rigor e actitude científica as xustificacións sobre as que elaborar, sustentar, fundamentar e xustificar de forma constante e profesional todos os actos, decisións, procesos, procedementos, actuacións, actividades, tarefas, conclusións, informes e desempeño profesional. TIPO: Habilidades ou destrezas A67
Coñecer e saber aplicar os principios éticos e deontolóxicos e de xustiza social no desempeño e implicación profesional, así como ter hábitos de rigor científico e profesional e unha actitude constante de servizo aos cidadáns no exercicio da súa práctica profesional co que se pretenda a mellora, excelencia, calidade e eficiencia. TIPO: Coñecementos ou contidos A69
Coñecer, elaborar e saber aplicar os condicionantes ético-deontolóxicos, estruturais- organizativos, desempeño profesional e as normativas do exercicio profesional dos Graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, en calquera sector profesional de actividade física e deporte (ensino formal e informal físico-deportiva; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte); así como ser capaz de desenvolver un traballo multidisciplinar. TIPO: Habilidades ou destrezas A70
Comprender, saber explicar e difundir as funcións, responsabilidades e importancia dun bo profesional Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte así como analizar, comprender, identificar e reflexionar de forma crítica e autónoma sobre a súa identidade, formación e desempeño profesional para conseguir os fins e beneficios propios da actividade física e deporte de forma adecuada, segura, saudable e eficiente en todos os servizos físico-deportivos ofrecidos e prestados e en calquera sector profesional de actividade física e deporte. TIPO: Competencias A71
Integrar á súa profesión o respecto pola diversidade e a equidade entre todas as persoas, implementando unha mirada inclusiva con perspectiva de xénero TIPO: Competencias A73