Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Levaranse a cabo en grupo grande
Exposición oral e resumida dos contidos máis importantes, complementada co uso de medios audiovisuais e a
introducción de algunhas preguntas dirixidas aos/ás estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a
aprendizaxe.
Proba mixta Proba mixta que consta dunha proba obxectiva, con preguntas de diferentes tipos (verdadeiro/falso, test de elección múltiple, preguntas curtas ou de desarrollo, identificación de elementos anatómicos en láminas ou debuxos).
No caso dunha proba de elección múltiple, plantéxase un número de preguntas entre 50 e 100, nas que o alumnado deberá escoller a resposta correcta entre catro ou cinco posibles opcións.
A nota obtida na proba mixta aporta o 70% da cualificación final.
Traballos tutelados Realizarán un traballo continuo sobre unha folla de cálculo na que se irán desarrollando supostos dos temas de mecánica
aplicada ao movemento humano, resolvéndose con simulación diversos problemas plantexados nas sesións de clase.
Estes traballos realizaranse de forma individual ou en grupos de ata tres estudantes e aportan o 20% da nota final.
Prácticas de laboratorio O alumnado realizará prácticas con maquetas e osos humanos para identificar as diferentes partes do esqueleto e situar sobre elas as insercións ligamentosas e musculares. Para eiso, o alumnado axudarase de imaxes en páxinas web de Osteoloxía.
O alumnado realizarán en cada clase práctica un resumo que entregará ao profesor. Estes traballos aportan ata o 10% da nota final.
Estudo de casos Os/as estudantes enfréntanse á descripción dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser
comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. Os/as alumnos/as
enfrentaranse un caso concreto dun problema de movemeento humano e deben ser capaces de analizar unha serie de
aspectos biomecánicos, para chegar a unha solución a través dun proceso de discusión en pequenos grupos.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais, páxinas web e documentos bibliográficos relevantes para a temática da
asignatura con actividades específicamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Actividades iniciais Farase unha presentación da asignatura e se resolverán as cuestións que plantexe o alumnado sobre a mesma. Realizarase unha avaliación para coñecer o nivel de coñecemento previo da asignatura e das súas fontes directas (anatomía,
fisioloxía, física e matemáticas) e indirectas (informática, técnicas de imaxe...).
Discutirase sobre la motivación do alumnado para afrontar os contidos desta asignatura e a importancia que teñen os
coñecementos de biomecánica no deporte actual.
Proporcionaranse orientacións e consellos xerais para o estudo da asignatura.