Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A67 Proba mixta que pode constar de preguntas de diferentes tipos: verdadeiro/falso; tipo test de resposta múltiple; preguntas curtas ou de desarrollo; identificación de elementos anatómicos en láminas ou debuxos.
No caso dunha proba obxectiva de resposta múltiple, o número de preguntas será de 50 a 100, nas que o alumnado deberá escoller a resposta correcta entre catro ou cinco posibles opcións. Aporta o 70% da nota final.
Puntuación = (A- E/n-1) x 10/N
sendo A o número de respostas acertadas, E o número de respostas erróneas, n
o número de opcións de resposta en cada pregunta e N o número total de
preguntas
70
Traballos tutelados A46 A49 A65 A66 A70 O alumnado realizará entre 5 e 7 traballos do ámbito da Biomecánica, que se irán plantexando ao longo do cuatrimestre, nos cales se realizará a aplicación práctica dos coñecementos teóricos adquiridos no aula.
Estes traballos se realizarán de forma individual ou en grupos de ata tres estudantes.
20
Prácticas de laboratorio A46 A67 O alumnado realizará un resumo de cada clase práctica de Osteoloxía que entregará ao profesor ao final de cada sesión.
Estes traballos se realizarán de forma individual e aportarán ata un 10% da nota final.
10
 
Observacións avaliación

A asistencia ao aula non computa na avaliación, mais a participación no 70% das sesións de pequeno grupo entregando os exercicios realizados nas citadas sesións é imprescindible para que os traballos sexan incluidos na avaliación.

A puntuación obtida polo alumnado será a suma arimética das obtidas en cada unha das metodoloxías, sen esixirse un mínimo en cada unha delas.

A proba mixta constará de dúas partes (unha de Anatomía e Cinesioloxía e outra de Biomecánica) e a media aritmética das dúas partes suporá o 80% da cualificación final. 

A efectos de facilitar a superación desta proba mixta, farase unha proba parcial unha vez finalizado o primeiro cuadrimestre que abarcará os contidos de Anatomía e Cinesioloxía. O alumnado que realice esta proba obterá unha calificación que fará media aritmética coa nota da proba dos contidos de Biomecánica.  

O modelo de avaliación será o mesmo na segunda oportunidade ou en avaliacións posteriores que na primeira oportunidade.

As calificacións das partes da avaliación superadas na primeira oportunidade manteranse na segunda oportunidade.

Os traballos tutelados e análise de fontes documentais superados en cualquera avaliación manteranse de maneira indefinida. Se se presentan novos traballos, a nota de estes substitue á nota previa aínda que sexa inferior. O alumnado con recoñecemento de tempo parcial e de dispensa académica de exención de asistencia terá o mesmo modelo de avaliación e coas mesmas características que o resto dos/das estudantes salvo nos casos que polas súas especiais circunstancias sexa precisa algunha modificación. O alumnado con matrícula a tempo parcial está excluido da obriga de enviar as tarefas das sesións prácticas para que os traballos sexan incluidos na súa avaliación. 

Non existe unha proposta concreta para o alumnado con diversidade dado que existen moitas posibilidades na diversidade, mais se farán as adaptacións necesarias en cada caso para acadar as solucións máis axeitadas.

Os traballos da asignatura poderán presentarse en galego ou en castelán.

A proba mixta de maneira xeral plantexarase en castelán, existindo a posibilidade de ser realizada en galego para aqueles/as estudantes que o soliciten por escrito alomenos 7 días  antes da data de avaliación. Contémplase a posibilidade de opcións alternativas de avaliación en casos especiais e debidamente xustificados.

No caso de que se realizaran probas on-line, realizaríanse mediante as plataformas Moodle ou Teams.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a calificación de suspenso "0" na materia e na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico , tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

Asemade, según a Ley de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, de 25 de febreiro de 2022), o fraude académico, considerase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 años da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumplimento; así como a pérdida de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académico calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun examen ou traball, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha asignatura ou acreditar o rendemento académico (art. 11)

As calificacións finais expresaranse mediante calificación numérica, dacordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece no sistema europeo de créditos e no sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial. Estas calificacións serán: 0-4.9=Suspenso; 5-6.9=Aprobado; 7-8.9=Notable; 9-10=Sobresaínte; Matrícula de Honra (graciable a partir de 9).