Código Competencias / Resultados do título
A1 Comprender os beneficios do deporte como experiencia de lecer para ser capaz de incluír os indicadores fundamentais na planificación e atender os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade, e analizando con enfoque crítico as estratexias de discriminación positiva.
A2 Comprender os procesos históricos das actividades físico-deportivas e a súa influencia na sociedade contemporánea, estudando o caso de España e Galicia, e a presenza diferenciada dos homes e das mulleres.
A3 Coñecer e analizar a cultura deportiva e propoñer os cambios necesarios, na propia e na das persoas coas que traballa, desde a ética e o xogo limpo, as diferenzas de xénero e a visibilidade dos discapacitados.
A4 Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas.
A6 Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
A44 AC1.4. - Adaptar a intervención educativa ás características e necesidades individuais para toda a poboación e con énfase nas poboacións de carácter especial como son: escolares, persoas maiores (terceira idade), persoas con mobilidade reducida e persoas con patoloxías, problemas de saúde ou asimilados (diagnosticadas e/o prescritas por un médico), atendendo ao xénero e á diversidade TIPO: Competencias
A52 AC3.1. - Analizar, identificar, diagnosticar, promover, orientar e avaliar estratexias, actuacións e actividades que fomenten a adhesión a un estilo de vida activo e a participación e práctica regular e saudable de actividade física e deporte e exercicio físico de forma adecuada, eficiente e segura por parte dos cidadáns coa finalidade de mellorar a súa saúde integral, benestar e calidade de vida, e con énfase nas poboacións de carácter especial como son: persoas maiores (terceira idade), escolares, persoas con discapacidade e persoas con patoloxías, problemas de saúde ou asimilados (diagnosticadas e/o prescritas por un médico) atendendo ao xénero e á diversidade. TIPO: Coñecementos ou contidos
A69 AC7.1. - Coñecer e saber aplicar os principios éticos e deontolóxicos e de xustiza social no desempeño e implicación profesional, así como ter hábitos de rigor científico e profesional e unha actitude constante de servizo aos cidadáns no exercicio da súa práctica profesional co que se pretenda a mellora, excelencia, calidade e eficiencia. TIPO: Coñecementos ou contidos
A73 RAC1.2. - Integrar á súa profesión o respecto pola diversidade e a equidade entre todas as persoas, implementando unha mirada inclusiva con perspectiva de xénero TIPO: Competencias
B5 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán.
B7 Xestionar a información.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.