Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
1.1. Comprender, caracterizar e aplicar os procedementos, estratexias, actividades, recursos, técnicas e métodos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe con eficiencia, desenvolvendo todo o curso da acción en todos os sectores de intervención profesional de actividade física e deporte (ensino formal e informal físico-deportivo; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte). A41
1.2. Comprender, analizar e simular a aplicación do proceso metodolóxico integrado pola observación, reflexión, análise, diagnóstico, execución, avaliación técnico-científica e/ou difusión en diferentes contextos e en todos os sectores de intervención profesional da actividade física e do deporte. A42
1.3. Comprender, comunicar e interactuar de forma adecuada (asertiva e empática) e eficiente en actividade física e deportiva en contextos de intervención diversos, demostrando habilidades docentes de forma consciente, natural e continuada. A43
1.4. Adaptar a intervención educativa ás necesidades individuais da poboación e enfatizando nas poboacións especiais: escolares, maiores (terceira idade), persoas con mobilidade reducida e patoloxías, problemas de saúde ou asimilados (diagnosticadas e/ou prescritas por un médico), atendendo á igualdade de xénero, á diversidade, á non discriminación e á inclusión. A44
3.1. Identificar, comprender, analizar e lembrar como promover, orientar e avaliar estratexias, actuacións e actividades que fomenten a adhesión a un estilo de vida activo e a participación e práctica regular e saudable de actividade física e deporte e exercicio físico de forma adecuada, eficiente e segura por parte dos cidadáns coa finalidade de mellorar a súa saúde integral, benestar e calidade de vida, e con énfase nas poboacións de carácter especial como son: persoas maiores (terceira idade), escolares, persoas con discapacidade e persoas con patoloxías, problemas de saúde ou asimilados (diagnosticadas e/ou prescritas por un médico), atendendo á igualdade de xénero, á diversidade, á non discriminación e á inclusión. A52
5.2. Identificar, analizar e aplicar a avaliación técnico-científica nos diversos tipos de actividades físicas e deportivas adaptadas ao desenvolvemento, características e necesidades dos individuos e a tipoloxía da actividade, espazo e entidade en todos os tipos de servizos de actividade, educación física e deporte en calquera tipo de organización, poboación, contexto, entorno e poboación, e con énfase nas poboacións de carácter especial como son: persoas maiores (terceira idade), escolares, persoas con discapacidade e persoas con patoloxías, problemas de saúde ou asimilados (diagnosticadas e/ou prescritas por un médico), e en calquera sector de intervención profesional de actividade física e deporte (ensino formal e informal físico-deportivo; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte), garantindo a seguridade, eficiencia e profesionalidade na actividade desempeñada no cumprimento da normativa vixente. A61
6.1. Lembrar e comprender as bases da metodoloxía do traballo científico, comprendendo como o fundamentan as bases pedagóxicas e didácticas nas intervencións profesionais en calquera sector de actividade, educación física e deporte. A65
6.2. Revisar, comprender e analizar o efecto e a eficacia da práctica de métodos, técnicas e recursos de investigación e metodoloxía de traballo científico e pedagóxico na resolución de problemas que requirirán o uso de ideas creativas e innovadoras en calquera sector de intervención profesional de actividade, educación física e deporte. A66
6.3. Comprender, analizar e articular con rigor e actitude científica as xustificacións pedagóxicas e didácticas sobre as que elaborar, sustentar, fundamentar e xustificar de forma constante e profesional todos os actos, decisións, procesos, procedementos, actuacións, actividades, tarefas, conclusións, informes e desempeño profesional, facilitando a comprensión das persoas a quen van dirixidos. A67
6.4. Comprender as razóns e criterios pedagóxicos e didácticos da elaboración de procedementos, procesos, protocolos normalizados en educación física e deporte con análise propio, rigor e actitude científica sobre puntos críticos de índole social, xurídica, económica, científica ou ética en calquera sector profesional de actividade física e deporte (ensino formal e informal físico-deportivo; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte). A68
7.1. Lembrar, integrar e saber aplicar os dereitos humanos, os principios éticos e deontolóxicos e de xustiza social (non discriminación, igualdade de xénero, inclusión) no compromiso persoal, desempeño, implicación profesional, así como ter hábitos de rigor científico e profesional e unha actitude constante de servizo aos cidadáns, empatía e asertividade no exercicio da súa práctica profesional co que se pretende a mellora, excelencia, calidade e eficiencia. A69
7.2. Lembrar, elaborar, tomar decisións informadas e saber aplicar os condicionantes ético-deontolóxicos, estruturais-organizativos, desempeño profesional e as normativas do exercicio profesional dos Graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte en calquera sector profesional de servizos de actividade física, educación física e deporte (ensino formal e informal físico-deportivo; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte); así como ser capaz de desenvolver un traballo colaborativo multidisciplinar. A70
7.3. Comprender, saber explicar e difundir as funcións, responsabilidades e importancia dun bo profesional Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, así como analizar, comprender, identificar e reflexionar de forma crítica e autónoma sobre a súa identidade, formación e desempeño profesional para conseguir os fins e beneficios propios da actividade física e deporte de forma adecuada, segura, saudable e eficiente en todos os servizos de actividade física, educación física e deporte ofrecidos e prestados e en calquera sector profesional de actividade física e deporte, considerando a súa relación co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). A71
RAC1.2. Integrar á súa profesión o respecto pola diversidade e a equidade entre todas as persoas, implementando unha ollada inclusiva con perspectiva de xénero. A73
RAC4.1. Xestionar tempo e recursos en grupos de traballo (elaboración de plans, priorización de actividades, identificación e xestión de críticas, identificación de roles, xestión de reunións, cumprimento de compromisos persoais…). A48
RAC4.2. Planificar e coordinar tarefas en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, ofrecendo propostas que contribúan á eficacia do traballo colaborativo. A37
RAC4.3. Desenvolver a escoita activa nos grupos de traballo, mantendo unha actitude empática e asertiva. A38
RAC5.3. Elaborar textos de diversa índole, especialmente relacionados co teu perfil profesional, facilitando a comprensión das persoas a quen van dirixidos. A39