Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A37 A39 A41 A42 A44 A52 A61 A65 A66 A67 A68 A73 Informe/dossier (Portafolios) con cada unha das prácticas realizadas (SE.3), pasando un proceso de hetero, auto e coavaliación (SE5). 40
Proba mixta A41 A42 A44 A52 A61 A67 A73 Probas específicas teórico-prácticas en diferentes formatos (SE1). 60
 
Observacións avaliación
Avaliación continua:
- Para optar á aviación continua, é necesario cumprir a asistencia obrigatoria ao 70% das sesións (en casos xustificados, falar co profesorado da materia durante as dúas primeiras semanas do curso).
- Deberá presentarse o informe/dossier (Portafolios) con cada unha das prácticas realizadas (SE.3) e pasar un proceso de hetero, auto e coavaliación (SE5):
o 1ª Cuatrimestre. 2 puntos
o 2º Cuatrimestre. 2 puntos
- Deberá superar as probas específicas teórico-prácticas (proba mixta) en diferentes formatos (SE1):
o 1ª Cuatrimestre. 3 puntos
o 2º Cuatrimestre. 3 puntos
- Para aprobar a asignatura na primeira oportunidade, deben superarse cada unha das probas específicas e o informe/dossier.
- A maiores, o alumnado poderá presentar a asistencia a outras actividades que complementen a asignatura (SE.6.)
o 1 punto (este punto non servirá para aprobar, só se sumará una vez estén aprobados cada un dos apartados anteriores).

Avaliación final:
- De non cumprirse os requisitos para optar á avaliación continua, o alumno terá que ir á avaliación final. Esta consiste nunha proba mixta na que debe obterse un mínimo de 7/10 para aprobar a asignatura.

2ª oportunidade:
- Avaliación continua:
· Aquel alumnado que cumprindo os requisitos para a avaliación continua en 1º oportunidade, suspenderan a proba mixta e/ou o Portafolios, terán que recuperar, únicamente, a/s parte/s suspensa/s.
- O alumnado que suspendera a avaliación final (nota inferiorr a 7/10) na primeira oportunidade, terá que repetir a proba mixta coas mismas condicións que na primeira oportunidade.

Convocatorias sucesivas:
- De non superarse a asignatura no presente curso, de cara a convocatorias posteriores, conservaráse a nota da proba mixta ou a do Portafolios (sempre e cando estean  aprobadas na suavizante totalidade).

ESTUDANTES DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL:

En función das suas posibilidades de asistencia e participación acordarase, por escrito, cos/as estudantes de dedicación a tempo parcial, un modelo alternativo das diferentes actividades de desenvolvemento e avaliación dos diferentes temas e apartados de avaliación, atendendo a un plantexamento de horas de dedicación equivalente aos/as estudantes de matricula a tempo completo.


En concordancia cos plantexamentos de sosteniblidade que está a promover a Universidade da Coruña, na medida do posible seguiránse as seguintes pautas:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

1.2. Realizarase a través de Moodle ou Teams, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado. 

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais


A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).