Código Competencias / Resultados do título
A1 Comprender os beneficios do deporte como experiencia de lecer para ser capaz de incluír os indicadores fundamentais na planificación e atender os mesmos no desenvolvemento da práctica de lecer, considerando o xénero, a idade e a discapacidade, e analizando con enfoque crítico as estratexias de discriminación positiva.
A5 Fomentar a convivencia, estimulando e poñendo en valor a capacidade de constancia, esforzo e disciplina dos participantes nas actividades de educación física e deportiva.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A9 Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro.
A11 Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física.
A14 Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade.
A18 Deseñar e aplicar métodos adecuados para o desenvolvemento e a avaliación técnico-científica das habilidades motrices básicas nas diferentes etapas evolutivas do ser humano, considerando o xénero.
A25 Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero.
A26 Identificar e aplicar as peculiaridades didácticas de cada especialidade deportiva na intención pedagóxica dos diferentes ámbitos de intervención.
A27 Aplicar os principios cinesiolóxicos, fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais nos contextos educativo, recreativo, da actividade física e saúde e do adestramento deportivo, recoñecendo as diferenzas biolóxicas entre homes e mulleres e a influencia da cultura de xénero nos hábitos de vida dos participantes.
A33 Seleccionar e saber utilizar o material e equipamento deportivo adecuado para cada tipo de actividade físico-deportiva no contexto educativo, deportivo, recreativo e da actividade física e saúde.
A37 RAC4.2. - Planificar e coordinar tarefas en equipos interdisciplinarios ou transdisciplinarios ofrecendo propostas que contribúan á eficacia do traballo colaborativo. TIPO: Competencias
A38 RAC4.3. - Desenvolver escóitaa activa nos grupos de traballo mantendo unha actitude empática e asertiva. TIPO: Competencias
A41 AC1.1. - Comprender, elaborar e saber aplicar os procedementos, estratexias, actividades, recursos, técnicas e métodos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe con eficiencia, desenvolvendo todo o curso da acción en todos os sectores de intervención profesional de actividade física e deporte (ensino formal e informal físico-deportiva; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte). TIPO: Coñecementos ou contidos
A42 AC1.2. - Deseñar e aplicar o proceso metodolóxico integrado pola observación, reflexión, análise, diagnóstico, execución, avaliación técnico-científica e/o difusión en diferentes contextos e en todos os sectores de intervención profesional da actividade física e do deporte. TIPO: Habilidades ou destrezas
A43 AC1.3. - Comunicar e interactuar de forma adecuada e eficiente, en actividade física e deportiva, en contextos de intervención diversos, demostrando habilidades docentes de forma consciente, natural e continuada. TIPO: Competencias
A44 AC1.4. - Adaptar a intervención educativa ás características e necesidades individuais para toda a poboación e con énfase nas poboacións de carácter especial como son: escolares, persoas maiores (terceira idade), persoas con mobilidade reducida e persoas con patoloxías, problemas de saúde ou asimilados (diagnosticadas e/o prescritas por un médico), atendendo ao xénero e á diversidade TIPO: Competencias
A48 RAC4.1. - Xestionar tempo e recursos en grupos de traballo (elaboración de plans, priorización de actividades, identificación e xestión de críticas, identificación de roles, xestión de reunións, cumprimento de compromisos persoais ). TIPO: Habilidades ou destrezas
A57 AC4.1. - Elaborar con fluidez procedementos e protocolos para resolver problemas pouco estruturados, imprevisibles e de crecente complexidade, articulando e despregando un dominio dos elementos, métodos, procesos, actividades, recursos e técnicas que compoñen as habilidades motrices básicas, actividades físicas, habilidades deportivas, xogo, actividades expresivas corporais e de danza, e actividades na natureza de forma adecuada, eficiente, sistemática, variada e integrada metodológicamente para toda a poboación e con énfase nas poboacións de carácter especial como son: persoas maiores (terceira idade), escolares, persoas con discapacidade e persoas con patoloxías, problemas de saúde ou asimilados (diagnosticadas e/o prescritas por un médico), atendendo ao xénero e á diversidade e en calquera sector de intervención profesional de actividade física e deporte (ensino formal e informal físico-deportiva; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte). TIPO: Coñecementos ou contidos
A59 AC4.3. - Desenvolver e implementar a avaliación técnico-científica dos elementos, métodos, procedementos, actividades, recursos e técnicas que compoñen as manifestacións do movemento e os procesos da condición física e do exercicio físico; @teniendo en cuenta o desenvolvemento, características, necesidades e contexto dos individuos, os diferentes tipos de poboación e os espazos onde se realiza a actividade física e deporte; nos diversos sectores de intervención profesional e con énfase nas poboacións de carácter especial. TIPO: Competencias
A65 AC6.1. - Coñecer e comprender as bases da metodoloxía do traballo científico. TIPO: Coñecementos ou contidos
A66 AC6.2. - Analizar, revisar e seleccionar o efecto e a eficacia da práctica de métodos, técnicas e recursos de investigación e metodoloxía de traballo científica, na resolución de problemas que requiren o uso de ideas creativas e innovadoras. TIPO: Coñecementos ou contidos
A67 AC6.3. - Articular e despregar con rigor e actitude científica as xustificacións sobre as que elaborar, sustentar, fundamentar e xustificar de forma constante e profesional todos os actos, decisións, procesos, procedementos, actuacións, actividades, tarefas, conclusións, informes e desempeño profesional. TIPO: Habilidades ou destrezas
A68 AC6.4. - Articular e despregar procedementos, procesos, protocolos, análises propias, con rigor e actitude científica sobre asuntos de índole social, xurídica, económica, científica ou ética, cando sexa preciso e pertinente en calquera sector profesional de actividade física e deporte (ensino formal e informal físico-deportiva; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte). TIPO: Habilidades ou destrezas
A69 AC7.1. - Coñecer e saber aplicar os principios éticos e deontolóxicos e de xustiza social no desempeño e implicación profesional, así como ter hábitos de rigor científico e profesional e unha actitude constante de servizo aos cidadáns no exercicio da súa práctica profesional co que se pretenda a mellora, excelencia, calidade e eficiencia. TIPO: Coñecementos ou contidos
A70 AC7.2. - Coñecer, elaborar e saber aplicar os condicionantes ético-deontolóxicos, estruturais- organizativos, desempeño profesional e as normativas do exercicio profesional dos Graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, en calquera sector profesional de actividade física e deporte (ensino formal e informal físico-deportiva; adestramento físico e deportivo; exercicio físico para a saúde; dirección de actividade física e deporte); así como ser capaz de desenvolver un traballo multidisciplinar. TIPO: Habilidades ou destrezas
A71 AC7.3. - Comprender, saber explicar e difundir as funcións, responsabilidades e importancia dun bo profesional Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte así como analizar, comprender, identificar e reflexionar de forma crítica e autónoma sobre a súa identidade, formación e desempeño profesional para conseguir os fins e beneficios propios da actividade física e deporte de forma adecuada, segura, saudable e eficiente en todos os servizos físico-deportivos ofrecidos e prestados e en calquera sector profesional de actividade física e deporte. TIPO: Competencias
A72 RAC1.1. - Aplicar habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. TIPO: Habilidades ou destrezas
A73 RAC1.2. - Integrar á súa profesión o respecto pola diversidade e a equidade entre todas as persoas, implementando unha mirada inclusiva con perspectiva de xénero TIPO: Competencias
B1 Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte.
B2 Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B7 Xestionar a información.
B8 Desenvolver hábitos de excelencia e calidade nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
B10 Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B12 Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles.
B17 Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.