Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que levan a cabo ao comezo dun proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e motivacións que posúe o alumno/a para o logro dos obxectivos que se pretenden alcanzar no programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia convenientemente.
Sesión maxistral Na actividade da sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumno/a debe de ampliar.
Práctica de actividade física Consiste na realización e asimilación práctica dos contidos propostos polo profesor cunha correcta execución técnico-táctica.
Simulación Consiste na presentación ao estudante dun hipotético caso práctico para observa e analizar a súa capacidade de resolver situacións concretas e para permitirlle adquirir a experiencia necesaria para desenvolver nunhas futuro situacións similares.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude, valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.