Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Práctica de actividade física A5 A11 A12 A25 B4 B16 A práctica da actividade física implica a participación activa do estudante nas sesións prácticas. O estidiante cunha participación activa inferior ao 70% non obterá puntuación neste apartado, a partir desta porcentaxe a cualificación será proporcional á participación. 20
Simulación A33 A36 C1 C3 En relación coas simulacións e traballos tutelados valorarase especialmente:
1. A profundidade do contido.
2. A utilización de fontes documentais actualizadas.
3. A presentación e claridade de exposición.
20
Proba de ensaio A8 A25 A26 B2 B7 C1 A proba de ensaio consistirá no desenvolvemento de varias cuestións interrelacionadas que implican un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 60
 
Observacións avaliación
- A proba de ensaio poderá, a criterio do profesor, estar dividida en varias probas atendendo aos contidos da materia.

- A proba de ensaio estará no idioma de impartición da materia (castelán e/ou galego), se se desexa no outro idioma oficial da UDC solicitarase unha semana antes da data de realización.

- A práctica da actividade física implica a asistencia e a participación activa do alumnado nas sesións prácticas programadas. Os estudantes lesionados de longa duración, alternativamente ao plan xeral previsto, deberán presentar unha memoria de carácter documental e explicativa que recolla a actividade práctica desenvolvida polo resto de grupo.

- Imprescindible a asistencia a un mínimo do 70% das sesións teóricas e/ou prácticas presenciais, para obter unha avaliación positiva.

 - Para superar a materia, todos os estudantes (matrícula ordinaria e matrícula parcial), deberán alcanzar unha nota mínima de 5 puntos (50%) do sumatorio das diferentes partes que compoñen a avaliación.

 - A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de face á convocatoria extraordinaria. Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, de 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico até o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11).

 - O alumnado que teña concedida a Dedicación Parcial deberá asistir a un mínimo do 50% das actividades docentes programadas.

 - Os criterios de avaliación para a 1ª e 2ª oportunidade, así como para sucesivas convocatorias serán os mesmos para todos os estudantes (matrícula ordinaria e matrícula parcial).

 - As notas das partes superadas nunha convocatoria serán mantidas para as sucesivas.