Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A25 A26 O/a estudante poderá realizar unha recensión bibliográfica dos libros, revistas técnicas e artigos que teñan relación cos temas traballados en clase 5
Traballos tutelados A25 A26 Os/as estudantes elaborarán un traballo de desenrolo dunha sesión orientada á sesións con alumnos de secundaria. 10
Portafolios do alumno A25 A26 O/a estudante deberá recompilar, ordenar, desenrolar e completar as descricións técnicas e tarefas de aprendizaxe dos xestos técnicos vistos na clase 10
Proba mixta A25 A26 Proba composta por unha distinta proporción de:
-Preguntas tipo test
-Preguntas de resposta breve ou longa
-Deseño de sesión práctica
-Proba de dominio técnico-táctico básico: ao longo do curso as/os estudantes realizarán probas de dominio técnico-táctico. En ditas probas, o profesor avaliará (como apto/non apto) o rendemento (saber facer) de cada estudante nos contidos impartidos ata dito momento. De tal modo, a nota da última das sesións avaliadas será a que determinará se a/o estudante é apto ou non apto na proba de dominio técnico-táctico, independentemente de se fan todas as sesións do cuadrimestre, ou de se a docencia presencial é suspendida ao longo do mesmo.
75
 
Observacións avaliación

- Para aprobar a materia será necesario asistir como mínimo ao 70% das sesións interactivas e obter o aprobado na proba mixta, tanto no exame teórico como na proba de dominio técnico/táctico.

 - Os estudantes que non alcancen a porcentaxe mínima de presencialidade non poderán aprobar a materia na convocatoria, nin presentarse á proba mixta.

 - Na segunda oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira e gardaranse os aprobados da primeira oportunidade nas diferentes metodoloxías. 
 - Gardaranse as partes aprobadas para próximas convocatorias, sempre que se cumpla o criterio de presencialidade.
 - Non están contempladas outras alternativas de avaliación para a segunda oportunidade. 
 - Nas metodoloxías avaliadas como Apto/NonApto, poderáselle outorgar ao estudantado a cualificación Apto+, que será produto dun desempeño de alta ou excepcional calidade en dita metodoloxía. A cualificación Apto+ suporá ata 1 punto; a sumar na nota final da materia.
 - No caso de estudantes lesionados ou en corentena e que conten con parte de baixa (diagnóstico médico) o profesor poderá considerar apto na proba de dominio técnico-táctico a partir do desempeño mostrado polo/a estudante ao longo do curso. 
 - Os/as estudantes con matrícula a tempo parcial terán que asistir como mínimo ao 50% das sesións para poder superar a materia, sendo o único elemento que se modifica na súa avaliación.
 - O exame teórico será realizado en castelán, no caso de que algún alumno desexe o enunciado en galego deberá solicitalo ao profesor cun mes de antelación á data do exame. 
 -A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).