| Código | Competencias / Resultados do título | 
          
	    
          
              
            | A5 | Fomentar a convivencia, estimulando e poñendo en valor a capacidade                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                          de constancia, esforzo e disciplina dos participantes nas actividades de educación física e deportiva. | 
           	    
          
              
            | A11 | Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física. | 
           	    
          
              
            | A25 | Identificar e comprender os requisitos psicomotores e sociomotores das habilidades deportivas, executando basicamente as habilidades motrices específicas dun conxunto de deportes, considerando as diferenzas por xénero. | 
           	    
          
              
            | A26 | Identificar e aplicar as peculiaridades didácticas de cada especialidade deportiva na intención pedagóxica dos diferentes ámbitos de intervención. | 
            
      
	    
          
              
            | B1 | Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte. | 
           	    
          
              
            | B3 | Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo. | 
           	    
          
              
            | B6 | Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional. | 
           	    
          
              
            | B10 | Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte. | 
           	    
          
              
            | B12 | Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles. | 
           	    
          
              
            | B13 | Coñecer e aplicar metodoloxías de investigación que faciliten a análise, a reflexión e cambio da súa práctica profesional, posibilitando a súa formación permanente. | 
           	    
          
              
            | B19 | Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso. | 
            
      
	    
          
              
            | C1 | Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. | 
           	    
          
              
            | C3 | Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. | 
           	    
          
              
            | C4 | Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. | 
           	    
          
              
            | C6 | Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. | 
           	    
          
              
            | C7 | Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |