Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos Avanzados | Código | 630519005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A5 A6 A7 A8 A9 A10 | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe - tanto autónomo coma colaborativo - dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos, profesionais e competitivos). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe. É necesaria a asistencia para o 80% das sesións interactivas e expositivas. A avaliación da práctica obrigatoria do obradoiro non se restrinxe aos contidos, ademais, verifícase a autoría do mesmo |
50 |
Portafolios do alumno | B5 B7 C1 C3 C8 | O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle. Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final. É necesaria a asistencia para o 80% das sesións interactivas e expositivas. A avaliación da práctica obrigatoria do obradoiro non se restrinxe aos contidos, ademais, verifícase a autoría do mesmo. A súa aptitude final será consensuada polo taller de asignaturas. |
50 |
Observacións avaliación | |||
Os exercicios a realizar na materia teñen un enfoque eminentemente práctico, analítico e profesional, tratando, dende diferentes ópticas, necesidades reais da sociedade que un proxecto de arquitectura debe resolver. Os temas de proxecto son elixidos para cada Curso Académico e os traballos realizados na materia serven de base necesaria para o desenrolo do PFC no seguinte cuatrimestre na materia TFM con maior profundidade técnica e proxectual. Consiste na elaboración dun documento de proxecto, a nivel de Proxecto Básico, no que o alumno analiza o contexto, representa o seu estado actual e desenrola ideas que conflúen nun proxecto de arquitectura que define e resolve as relacións territoriais e paisaxísticas, a distribución e aspectos funcionais, o volume e a implantación urbanística, así como os aspectos máis relevantes do soporte e relación co terreo ou a materialidade e acabados principais dos seus elementos. No traballo valórase asimesmo a utilización de ferramentas relacionadas co manexo de escalas, condicións de uso, materiais e novas tecnoloxías. A avaliación terá en conta os resultados alcanzados na elaboración e posible tramitación das propostas. Exísese a asistencia ao 80% das sesións interactivas e expositivas. Medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, trátase dunha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental. Dispensa académica: non se contempla, trátase dunha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental. A valoración da práctica obrigatoria non se restrinxe aos contidos, tamén, constátase a autoría da mesma. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de evaluación, unha vez comprobada, implicará directamente a calificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de evaluación de cara á convocatoria extraordinaria. A aptitude final do traballo presentado na materia, que terá seguimento no Obradoiro de confluencia das Materias, deberá estar consensuado por todas elas nunha xunta que o Obradoiro celebrará tra-la entrega. |