Estudo de casos |
Como complemento das sesións maxistrais e co obxeto de promover o aprendizaxe autónomo dos estudiantes desenrolaranse en paralelo clases prácticas. Nelas o alumnado enfrentarse á resolución de casos concretos nos que poñer en práctica os contidos explicados nas clases maxistrais e que, ao mesmo tempo, sirvan de referente aos temas obxecto de estudio nos traballos tutelados asignados. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, conferencias, etc), organizados pola ETSAC, DPAUC, etc, indicados polo profesorado da materia, como parte dos contidos docentes do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuáis referentes á asignatura.
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso, no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso DPAUC" (Paneis, maquetas, debuxos, videos, textos, performances, ...) |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
|